Entrada 3: hipervínculos
Cancún é un destino que está situado no estado de Quintana Roo, en México. A cidade foi creada no ano 1970 e desde entón viviu un crecemento continuo, ata converterse nun dos destinos de praia máis visitados de México xunto con Acapulco.
O estado de Quintana Roo, tamén de nova creación, atópase no que se coñece como caribe mexicano. Isto significa que o clima neste lugar é tépedo ao longo de todo o ano e no que se distinguen principalmente dúas estacións: a de choiva e a de seca.
Debido a que ten un clima tropical, a humidade neste lugar é alta e mesmo en época de seca pode caer unha tromba de auga en calquera momento.

Comentarios
Publicar un comentario